Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os produtos ecolóxicos volverán encher o sábado o cárcere vello nun novo Mercado da Verdura

26/06/2014

Xoves,  26 de xuño  de 2014. Os produtos ecolóxicos volverán encher este sábado, de 10 a 14h, o cárcere vello de Tui na rúa Sanz, no Conxunto Histórico.  Esta cita coa horta está tendo unha gran acollida cada segundo e último sábado de mes dende a súa posta en marcha o pasado 26 de abril. A iniciativa parte do Concello de Tui, de APEGA, Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, e do Foro Tude.

 

Produtores locais achegan ao consumidor queixos, leitugas, tomates, calabacíns, xudías, tirabeques, pan ou viños.  Haberá tamén degustación destes produtos elaborados nesta ocasión por Miguel Rodríguez, o xefe de cociña do Parador de Tui.