Os produtos de temporada danse cita este sábado nun novo Mercado da Verdura no Cárcere Vello en Tui
29/01/2015
Mércores, 28 de xaneiro de 2015. Os produtos ecolóxicos de temporada volven este sábado, 31 de xaneiro, ao Cárcere Vello na rúa Sanz en Tui nunha nova edición do Mercado da Verdura. Esta iniciativa, posta en marcha en abril de 2014 polo Concello de Tui, APEGA e o Foro Tude, celébrase cada segundo e último sábado de mes achegando aos consumidores a colleita de temporada directamente dos seus produtores.
Produtos de inverno coma as berzas, os repolos, a colifor ou o romanesco estarán presentes neste mercado xunto as legumes secas, o packchoi, cebolas ou navizas. O mercado abrirá as súas portas de 10 a 14h.