Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os nenos disfrutan xa das novas instalacións do parque infantil do Montiño, en Rebordáns

4/05/2016


Dende onte á tarde nenas e nenos disfrutan xa das novas instalacións do Parque Infantil do Montiño en Rebordáns. Este espazo foi renovado polo Concello cun investimento 26.494,86 euros do Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación de Pontevedra de 2015.


Onte martes, ás seis da tarde, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, achegábanse ata Rebordáns para a apertura deste espazo. Tamén estiveron presentes membros da AAVV de Veciños, así coma algúns veciños que non se quixeron perder o estreo dunha obra que demandaban dende hai tempo.


A actuación no parque infantil do Montiño súmase a realizada xa no do Penedo no Paseo Fluvial. Os próximos espazos a renovar serán os parques infantís de Caldelas e de Pexegueiro.