Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os concellos de Tui e Valença convocan un concurso para a elección do cartel do 125 aniversario da ponte internacional

21/12/2010

OS CONCELOS DE TUI E VALENÇA CONVOCAN UN CONCURSO PARA A ELECCIÓN DO CARTEL DOS ACTOS DO 125 ANIVERSARIO DA PONTE INTERNACIONAL

 

O Concello de Tui conxuntamento coa Cámara Municipal de Valença están traballando na elaboración dun programa conmemorativo do 125 anos da inauguración da ponte internacional sobre o río Miño que une ambas cidades dende o 25 de marzo de 1886.

O primeiro acordo adoptado é a convocatoria dun concurso para a elección do cartel ou imaxe gráfica deste acontecemento de tanta significación paras as localidades de Valença e Tui. O concurso é de caracter internacional e está aberto á participación de todos os interesados. O premio establecido é de 1000 euros, debendo presentar os traballos ata o 14 de xaneiro tanto na Cámara Municipal de Valença como no Concello de Tui

A creación dunha imaxe gráfica ou cartaz é a primeira iniciativa de todo
un amplo abando de actividades que realizaran en marzo de  2011 as cidades de Valença e Tui. Está previsto organizar exposicións temáticas, unha xornada de estudios, actividades deportivas e festivas, etc. Os actos centrais terán lugar o 25 de marzo, coas celebracións oficiais e o 26 e 27 de marzo con actos populares.

Os obxectivos que marcan ambas municipios á hora de levar adiante este programa conxunto son:

 

            *Evocar a unión simbólica entre dúas nacións, materializada na construcción da ponte, destacando o seu caracter innovador dende o ponto de vista técnico e os motivos que levaron á súa construcción.

            * Avaliar as alteracións verificadas no contexto socio-cultural da época nas poboacións de ambas ribeiras do Río Miño, co seus principais protagonistas e realizacións.

            * Facer unha proxección para o futuro, salientando o trazo de unión entre os dous pobos, no ámbito rexional Galicia - Norte de Portugal, identificando os desafíos que nos son comúns sen descoidar o reforzamento da identidade de cada un dos pobos que esta obra une dende hai 125 anos.

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, estas celebracións arredor do aniversario da Ponte Internacional contribuirán a intensificas as relacións existentes entre as poblacións de Tui e Valença e marcarán un paso importante no traballo conxuntos entre os concellos valenciano e tudense.

O regulamento do concurso está accesible en www.cm-valenca.pt e www.concellotui.org