Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os ciclistas David Fernández e André Martínez recibidos na casa do concello

28/09/2020

David Fernández e André  Martínez, cicilistas tudenses da Escola de Ciclismo Avanza foron recibidos o venres, 25 de setembro, na casa do concello polo o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez. M

David Fernández proclamouse Campión de España Junior de BTT Enduro o 13 de setembro en Castejón de Sos, na fin de semana seguinte  ocupou a trixésima posición  no Campionato de España de XCO en Valladolid, sendo o cuarto galego clasificado. Mentres André Martínez foi sexto en Granada no Campionato de España de BTT DH.