Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Os alcaldes da Eurocidade Tui-Valença convidados no Foro de Urbanismo e Insfraestructuras do Circuíto de Empresarios de Galicia

6/06/2014

 

 

Venres, 6 de xuño de 2014. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, xunto co presidente da Cámara de Valença, Jorge Mendes Salgueiro, asistiron onte ao Foro de Urbanismo e Infraestruturas do Círculo de Empresarios de Galicia, convidados para expor aos asistentes o proxecto da Eurocidade. No encontro os alcaldes  analizaron os retos e oportunidades que teñen por diante coma Eurocidade, e compartiron a experiencia e opinión cos 30 membros do FUI que asistiron ao foro.

 

A inciativa da Eurocidade Tui-Valença de aproveitar sinerxias e compartir servizos e infraestruturas é considerado un exemplo de colaboración entre distintas administracións e cidades fronteirizas que, en palabras de Alfonso Correa, arquitecto e coordinador xeral do FUI, merece ser difundido.

 

O FUI está formado por empresas, asociacións, colexios e profesionais independentes cuxo ámbito de actuación se enmarca dentro das insfraestruturas, urbanismo, cidades ou desenvolvemento inmobiliario. O FUI realiza encontros nos que se tratan debaten, expoñen e opinan sobre temáticas que afectan a Vigo e á súa área de influencia.