A Orquestra de Corda do Conservatorio ofrece un concerto mañá ás 20h na Igrexa de San Domingos
23/05/2016
A Igrexa de San Domingos acollerá mañá martes, 24 de maio, ás 20h a actuación da Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Música de Tui dirixida polo profesor Luís Caballero Varona. Este evento forma parte da serie de actividades organizadas por este centro de estudos musicais para promover aos seus xoves talentos.
A Orquesta de Corda está composta por alumnos do Conservatorio tudense e nesta ocasión contará coa colaboración de varios músicos convidados. No concerto interpretarán obras de Vivaldi, Haendel e William Boyce. Actuarán coma solistas Mónica López Cerqueira, Claudia Valenzuela Rodríguez, Sergio Alonso Pazo e Jorge Suárez Cerdeira.
A entrada para o concerto é libre ata completar o aforamento.