Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina Municipal de Turismo recibiu máis de 39000 consultas en 2010

17/01/2011

A Oficina Municipal de Turismo recibiu máis de 39 mil consultas en 2010

Do total 36.417 eran turistas e 2.645 peregrinos

Abriu do 22 de abril ao 21 de decembro de 2010

 

 

Luns, 17 de xaneiro de 2011.  Un total de 39.062 consultas recibiu a Oficina Municipal de Turismo ao longo do 244 días en que permaneceu aberta en 2010 entre o 22 de abril e o 21 de decembro.  Situado no céntrico Paseo da Corredoira este servizo municipal prestou servizo de luns a domingo achegando información sobre a cidade, a contorna e o camiño de Santiago a todos aqueles turistas e peregrinos que se achegaron ata a mesma.

 

En total ao longo de 2010 pasaron por esta Oficina Municipal 36.062 persoas dos que 36.417 eran turistas e 2.645 peregrinos. No caso dos turistas a meirande parte eran nacionais cun total de 31.228 persoas, maioritariamente de Madrid e Andalucía. En canto o turismo estranxeiro foron un total de 5.189 as consultas realizadas por cidadás de diversos países, os maioritarios foron portugueses e alemáns.

 

En canto aos peregrinos que pasaron por este punto de información 1.821 eran nacionais e 824 estranxeiros.

 

Por meses compre destacar as cifras de agosto, mes vacacional por excelencia, no que pasaron pola Oficina Municipal de Turismo un total de 9.717 turistas dos que 8.741 eran nacionais e 976 estranxeiros. Porén o mes en que maior número de consultas de peregrinos se rexistraron foi xullo con 762 das que 640 eran de persoas españolas que facían o camiño e 122 de estranxeiros.

 

Este ano foi a primeira vez que a Oficina Municipal de Turismo permaneceu aberta tantos meses, xa que até o de agora só abría na época estival. Os resultados son máis que positivos xa que en setembro houbo 5.478 consultas, 4.420 en novembro, 1.360 en novembro e 692 en decembro.

 

Outro punto a destacar é que segundo os datos recollidos polo persoal deste servizo municipal as persoas que se achegan ata Tui, xa non só de paso, e este ano incrementouse de xeito notable o número de turistas que amais pasaban cando menos unha noite na cidade.

 

O Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez, fai unha valoración moi positiva dos datos obtidos pola Oficina Municipal de Turismo xa que demostran o importante atractivo turístico da cidade, e o acertado da aposta municipal de manter aberto este posto de información durante máis meses do que viña sendo habitual. Moisés Rodríguez fai unha especial chamada de atención sobre as pernoctacións rexistradas xa que esa era precisamente unha materia pendente que tiña Tui, e que comeza a ser superada. O turismo ten que se unha aposta clara e decidida, sinala o edil, e nese senso lembra que o pasado mes de setembro foi presentado un novo folleto turístico da cidade con información máis visual e concreta para os que nos visitan.