Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Oficina Municipal de Información Turística de Tui tivo 14.504 consultas durante os mes de xullo e agosto

7/09/2006

A Oficina Municipal de Información Turística de Tui tivo 14.504 consultas durante os mes de xullo e agosto
O mes de agosto duplicou as cifras de xullo, nun turismo que no 86% segue a ser nacional.

Un total de 14.504 visitantes pasaron pola Oficina Municipal de Turismo de Tui situada na Praza da Inmaculada, ao longo dos meses de xullo e agosto. Deste total o 86,1% eran turistas nacionais, e o 13,9% eran estranxeiros.

No turismo nacional Madrid está a cabeza das autonomías de onde chega a meirande parte dos visitantes, seguida de Andalucía, e logo dos galegos. Cataluña, Castela León e Valencia, son as seguintes comunidades no número de visitas a Tui.

Os turistas estranxeiros chegan de ata 26 países distintos. Os portugueses, pola súa proximidade á cidade, seguen a ser o máis numerosos con diferenza, seguidos de franceses, ingleses, belgas, brasileiros. A República Checa, Polonia, Xapón, Honduras e Puerto Rico son outras das procedencias do turista estranxeiro.

A oficina permanece aberta neste mes de setembro de luns a venres en horario continuo de 10 da mañá a 20h tarde, mentres na fin de semana pechará unha hora ao mediodía atendendo ao público de 10.30 a 14.30 e de 15.30 a 19.30h.