Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiros nos institutos e o reparto de material informativo centran en Tui a campaña co gallo do Día Mundial da Loita contra a SIDA

30/11/2017

Os locais de ocio que desexen participar poden solicitar o material nos Servizos Sociais

Co gallo do Día Mundial da Loita contra a SIDA o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui,  está levando a cabo unha serie de actividades.

Por unha banda está a realizar nos institutos tudenses talleres para  promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificando falsas crenzas e mala información. O obxectivo é permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación sobre desta enfermidade.

Amais colocarase unha pancarta na fachada da Área Panorámica, ofrecendo a información a todos os cidadáns sobre a SIDA.

Tamén está previsto o reparto de preservativos, carteis, dípticos,  e folletos informativos sobre esta enfermidade nos pubs da cidade, coa colaboración destes establecementos. Os locais interesados poden solicitar este material no departamento de Servizos Sociais na casa do concello.