Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Obradoiros de Nadal para nenos e nenas de 5 a 12 anos na Biblioteca Municipal

10/12/2021

Celebraranse o 29 e 30 de decembro e o 3 e 4 de xaneiro ás 17h . É preciso inscrición previa en www.tui.gal

A Biblioteca Pública Municipal de Tu organiza, dentro da programación de Nadal do Concello de Tui, catro obradoiros dirixidos aos rapaces e rapazas con idades entre os 5 e os 12 anos de idade. Os interesados deben inscribirse previamente ben persoalmente na propia Biblioteca ou a través do correo electrónico: biblioteca@tui.gal.

En concreto os obradoiros ofertados son os seguintes:

  • Mércores, 29 decembro, ás 17 h: Arte con papel - Papiroflexia/Origami
  • Xoves, 30 decembro, ás 17 h: Reciclando a Música - Instrumentos con material reciclado
  • Luns, 3 xaneiro, ás 17 h: Cobrando Vida - Creación de marionetas
  • Martes, 4 xaneiro, ás 17h: Escola de maxia - xogos de maxia

O obxectivo destes obradoiros é favorecer entre os rapaces e rapazas a creatividade como unha forma de enriquecemento para o tempo de lecer.

Complétase a programación de Nadal da Biblioteca Municipal tudense co Mercadiño Solidario de Libros que até o xoves, 23 de decembro, ofrece a posibilidade de intercambiar produtos de Nadal por libros, cunha ampla oferta de libros procedentes de expurgos e doazóns.