Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O xoves 31 de xaneiro "Tarde de entroido na Biblioteca" para os rapaces

29/01/2008

“UNHA TARDE DE ENTROIDO NA BIBLIOTECA” O VINDEIRO XOVES 31 DE XANEIRO 

A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza para a tarde do vindeiro xoves 31 de xaneiro de 2008, ás 18,00 horas, unha actividade de animación á lectura que baixo a denominación de “Una tarde de entroido na Biblioteca” agrupa unha actividade de contacontos e un obradoiro de obxectos característicos destas festas anuais. Está dirixido fundamentalmente aos alumnos dos primeiros anos de Educación Primaria.

Esta actividade forma parte do programa de animación á lectura que, ao longo do ano, desenvolve a Biblioteca Pública Municipal tudense para favorecer o achegamento dos rapaces ao mundo do libro.Para o concelleiro responsable da área de cultura do Concello de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración desta “Tarde de entroido na Biblioteca” é unha nova oferta de actividade que promove este centro biblioteca que cómpre lembrar ten sido distinguido, no pasado ano 2007, cunha mención de honra no X Premio de Animación Lectora “Maria Moliner” na categoria de “labor bibliotecaria”, este certame está convocado polo Ministerio de Cultura, a Federación Española de Municipios e Provincias e a Fundación Coca-Cola España.