Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O vicepresidente da Deputación Provincial visita a exposición “Caricaturas de Valle Inclan” na sala municipal de exposicións do concello de Tui

23/09/2010

O VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN VISITA A EXPOSICIÓN “CARICATURAS DE VALLE INCLÁN” NA SALA MUNICIPAL DE EXPOSICIÓNS DO CONCELLO DE TUI

O Viceprsidente da Deputación Provincial de Pontevedtra e deputado delegado de cultura, José Juan Durán Hermida, realizou na mañá de hoxe xoves, 22 de setembro, unha visita a exposición de “Caricaturas de Valle-Iclán” que organizada polo organismo provincial está nesta Sala Municipal de Exposicións tudense ata o vindeiro sábado 25 de setembro. Estivo acompañado na súa estadia polo Primeiro Tenente de Alcalde e concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, e os concelleiros Patricia Ricón Alonso  e Manuel González Vázquez.
No decuros da súa visita o Vicepresidente da Deputación de Pontevedra agradeceu ao Concello tudense a acollida realizada a esta mostra nun espazo expositivo singular, ao tempo que anunciou a presenza en datas vindeiras de novas mostras patrocinadas polo organismo provincial de Tui, caso dunha exposición de gravados de Goya no vindeiro mes de novembro.
Esta mostra está integrada por vinte caricaturas de Ramón María del Valle Inclán, realizadas por artistas tan destacados como Picasso ou Castelao e que foron recollidas principalmente dos xornais de principios do século XX. A lista de debuxantes que reflectiron cos seus debuxos a personalidade de Valle complétase con nomes como Bagaría, Siro, Cebreiro, etc.
Esta mostra está organizada polo departamento de cultura da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, e que ten con obxectivo a divulgación da personalidade dun dos escritores pontevedreses mais universal.
As caticaturas teñen sido recopiladas pola técnico de cultura da Deputación de Pontevedra, Marta Lucio, quen afirma que a exposición ofrece “unha imaxe diferente do escritor e dende unha perspectiva amable”. Aínda que no seu momento o escritor arousán non se levou especialmente ben cos artistas coetáneos, nas caricaturas que podemos contemplar na exposición Valle-Inclán sae bastante ben parado. Sobre este particular figura na exposición un artigo xornalístico, que abre a mostra, asinado por J. Moya e publicado en “La Pluma” en 1923.
O Concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, agradeceu á Deputación Provincial que conte con Tui á hora de programar a itinerancia das súas exposicións, que enriquecen a oferta cultural da cidade, especilamente neste caso ao mostrar una ampla colección de caricaturas sobre un egrexio escritor pontevedrés, Ramón María del Valle-Inclán.