Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O V Campionato Ibérico de Kung Fu da Eurocidade reúne a máis de 300 deportistas

20/06/2018

Celebrarase este domingo dende ás 10.30h no pavillón municipal de Tui

Máis de 300 deportistas participarán este domingo no V Campionato Ibérico de Kung Fu da Eurocidade Tui-Valença que se vai celebrar no pavillón municipal de Tui dende ás 10.30h.

Esta proba deportiva foi presentada este mediodía na casa do concello de Tui polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do campionato, Eduardo Méndez Sanjurjo e o director do departamento de kung fu moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco.

Na súa intervención o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, destacou que a Eurocidade acolle un evento de singular importancia coma é este campionato ibérico dun deporte con gran implantación no municipio. Ao tempo lembrou que o calendario da Eurocidade é un exemplo de colaboración no eido deportivo a nivel europeo.

O concelleiro de Deporte, Andrés Urseira, destacou coma o kung fu é unha disciplina que leva máis de 30 anos arraiga en Tui graza ao bo e constante traballo do Di Som Tui. Ao tempo convidou ao público a achegarse a este campionato por ser unha boa oportunidade para coñecer este deporte.

Mentres o vareador de Desporte de Valença, José Monte, destacou tamén en sinalar o papel extraordinario do Di Som nestas tres décadas, felicitándoos amais pola organización deste campionato ibérico, que agarda sexa un éxito.

O presidente do comité organizador, Eduardo Méndez Sanjurjo, apuntou que este campionato da continuidade ao traballo realizado no Alto e no Baixo Miño con máis de 300 deportistas. Sinalou así que dos 328 participantes clasificados para esta proba 70 son da zona de Tui, chegando doutros puntos de Galicia, Castela León, Castela A Mancha, Madrid e Andalucía, así coma de Portugal.

Por outra parte destacou que se trata dunha “competición extraordinariamente dinámica”, cuxo desenvolvemento técnico dura hora e media con 300 deportistas realizando distintas probas de carácter técnico, con armas tradicionais e elementos acrobáticos, o que da coma resultado que sexa “moi vistoso, espectacular e dinámico”

O director do departamento de kung fu moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco, destacou o alto nivel que haberá nesta disciplina cunha selección portuguesa con 8 deportistas que subiron ao podio nos campionatos nacionais portugueses, e coa presenza na selección nacional de Sara Álvarez  e Jacobo Rodríguez que lograron entre os dous catro ouros nas modalidades de manexo de aras e man baleira no Campionato de España.

O sistema de competición baséase en aspectos técnicos, estéticos e educativos do kung fu coa realización de tres probas de combinación de movementos libres, defensa persoal simulada e patrón de movementos previamente establecido para cada categoría, tanto en individuais.