Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O tudense Alberto Sereno Álvarez, Director Xeral do Instituto Geográfico Nacional, pregoeiro de San Telmo 2009

20/02/2009

O TUDENSE ALBERTO SERENO, DIRECTOR XERAL DO INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL, PREGOEIRO DE SAN TELMO 2009

 

O Concello de Tui ten designado ao tudense, Alberto Sereno Álvarez, director xeral do Instituto Geográfico Nacional, como pregoeiro das festas de San Telmo 2009. Nado na nosa cidade no ano 1956 e pertencente a unha familia con amplas raigames tudenses, é licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade Complutense e funcionario do Corpo Superior de Administradores Civiles do Estado.

Posúe unha longa traxectoria como funcionario público, tendo desempeñado postos directivos no Ministerio de Administracións Publicas, como Subdirector Xeral de Análisis Económicos de Comunidades Autónomas, Director Xeral de Servizos e Director Xeral da Función Pública. No Ministerio de Economia e Facenda foi Subdirector Xeral de Recursos Humanos e Organización. Vocal de numerosas xuntas rectoras de zonas de promoción económica de varias comunidades autónomas, conselleiro de diversas empresas públicas como Correos e Telégrafos, Portos do Estado, Transmediterranea, etc. Amáis participa en diversos organismos colexiados coma o Comité de Coordinación dos Organismos Públicos de Investigación, a Fundación do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxia ou a Xunta Directiva da Real Sociedade Geográfica.

Actualmente, no Ministerio de Fomento, amáis de dirixir o Instituto Geográfico Nacional preside o organismo autónomo Centro Nacional de Información Geográfica.

Coa desiganción deste tudense que ocupa tan altos postos na Administración do Estado evidenciando a sua alta competencia o Concello de Tui continúa, en palabras do concelleiro de cultura Moisés Rodríguez Pérez, apostando na designación de pregoeiro das Festas Patronais dedicadas a San Telmo pola promoción de persoalidades locais que teñan salientado na súa actividade, pois ninguén mellor que eles para convidar a veciños e visitantes ás celebracións festivas que neste ano 2009 comezaran o sábado 11 de abril.