Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Trilho do Mosteiró, sétima Andaina Saudable da Eurocidade

12/06/2014

Xoves, 12 de xuño. O próximo sábado 14 de xuño terá lugar a sétima andaina do programa de Andainas Saudables da Eurocidade, organizadas pola Eurocidade Tui-Valença, que nesta ocasión, o Trilho de Mosteiró, percorrerá a freguesía de Cerdal.

 

A distancia do trilho será de ao redor de 12 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade do percorrido baixa.

 

O punto de saída será no Convento de Mosteiró, en Cerdal, ás 10.00 horas españolas, tendo o punto de encontro alternativo, ás 09.45 horas españolas no parquing do Lidl de Valença.