Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Trilho de San Lourenço celebrarase o próximo sábado 11, dentro do programa de Andainas Saudables da Eurocidade

8/10/2014

 

Martes, 7 de outubro de 2014. Este sábado, 11 de outubro, terá lugar unha nova andaina do programa de Andainas Saudables da Eurocidade, organizada pola Eurocidade Tui-Valença, que nesta ocasión, o Trilho de San Lourenço, percorrerá a freguesía de Taião.

 

A distancia do trilho será de ao redor de 12,4 quilómetros, cunha duración aproximada de cinco horas, sendo a dificultade do percorrido moderado.

 

O punto de saída será na Capela da Sra do Socorro, na freguesía de Taião, ás 10.00 horas españolas, tendo o punto de encontro alternativo, ás 09.45 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.

 

A seguinte andaina do día 26 de outubro realizarase no Concello de A Guarda, "Santa Trega", para o cal será necesario anotarse para a reserva da praza no autobús, cun prezo de 2€ por persoa, a través da páxina do facebook "Caminhadas Saudáveis e Andainas Saudables", na empresa VerdeAzul o na ecopista cos Celtas do Minho.