Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Tren Vigo-Porto parará na Eurocidade

5/06/2014

 

A Eurocidade Tui -Valença congratulase co anuncio realizado no día de onte de que  o tren internacional de conexión Porto – Vigo vai ter unha parada en Valença

 

Xoves, 5 de xuño de 2014. Os responsables políticos da Eurocidade Moisés Rodríguez, Alcalde de Tui e Jorge Salgueiro Méndez, Presidente da Cámara Municipal de Valença están enormemente satisfeitos coa decisión tomada polos do Gobernos portugués e español xa que consideran  que vai ser moi beneficiosa para a principal conexión ferroviaria entre Portugal e España do noroeste peninsular.

 

A Eurocidade desenvolveu unha serie de contactos, en especial ante o goberno portugués, Goberno de España e Xunta de Galicia de gran importancia conseguir  unha parada de  tren que é estratéxica para o desenvolvemento económico e social da rexión.

 

O alcalde de Tui solicitou esta parada a Ministra de Fomento Ana Pastor tanto persoalmente coma por carta, o igual que fixo diante do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo, pola súa banda o presidente da Cámara de Valença realizou xestións solicitando esta parada con o Primeiro Ministro, Dr. Pedro Passos Coelho,  e co Secretário de Estado das Infraestruturas, Transportes e Comunicações, Eng. Sergio Silva Monteiro

Xestións dos dous mandatarios que finalmente culminaron exitosamente co anuncio realizado no día de hoxe que confirma que a Eurocidade Tui-Valença ten asegurada unha parada na estación de Valença. Os rexedores das dúas cidades mostraron o seu agradecemento as persoas que fixeron posible estea cordo, tanto os responsable políticos coma os técnicos

 

Entre Valença e Tui , na maior fronteira terrestre entre Portugal e España , pasan diariamente unha media de 30 mil vehículos día, un volume de tráfico de curta , media e longa distancia que permitirá á CP e RENFE ,  beneficiarse deste tráfico coa parada do denominado tren Celta  na Eurocidade,.

 

As negociacións entre ambas operadoras públicas ferroviarias ibéricas permitiu un acordo sobre a lei de paradas do tren Celta que, desde xullo do ano pasado, une o Porto a Vigo en dúas horas e 15 minutos sen efectuar paradas ( comerciais). Tras estudos e negociacións entre a CP e a Renfe, estas empresas presentaron unha proposta de parada comercial en Valença. O Celta xa paraba na Estación de Valença , pero só por motivos técnicos a fin de efectuar cruzamentos porque a liña é de vía única. Con todo, os pasaxeiros non podían saír nin entrar.

A Eurocidade manifesta , tamén, a súa satisfacción polo avance da electrificación da Liña do Miño , entre Nine e Valença, o que permitirá conectar o Porto a Vigo en hora e media a partir de 2017 e, posteriormente, permitirá a conexión á rede de alta velocidade.