Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O tren turístico da Eurocidade agora tamén realiza percorridos nocturnos

3/08/2016

O tren turístico da Eurocidade que une a Fortaleza de Valença e o casco urbano de Tui agora tamén realiza percorridos nocturnos.  O prezo da viaxe de ida e volta é de 3€.

O punto de saída do tren en Tui é a Praza da Inmaculada pola mañá ás 11.30h, 12.30h e 13.30h, pola tarde ás 16.30h, 17.30h e 18.30h e polas noites ás 22h e 23h.

Os martes e xoves poden verse os Sambenitos nas visitas guiadas

 

Agora os martes e xoves das visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Tui á ruta xudea inclúen os Sambenitos no Museo Diocesano. Lembramos que saen ás 12.30h dende a Praza da Inmaculada de luns a venres, e ás 13h os sábados, domingo e festivos. Polas tardes ás 20h hai outra visita ao Tui medieval.