Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O tren Celta que une Vigo e Porto realizou esta mañá a súa primeira parada comercial na Eurocidade

2/07/2014

 

Martes, 1 de xullo de 2014. O tren CELTA que une as cidades de Vigo e Porto fixo hoxe, 1 de xullo, a súa primeira parada comercial na Eurocidade Tui-Valença.  En concreto o tren chegaba ás 9.32 hora española á Estación de Valença onde puideron subir aos vagóns novos pasaxeiros ou rematar o seu traxecto algúns dos que viñan dende Vigo. No último cumio hispano-lugo acordouse a realización desta parada comercial en Valença, así coma en Viana do Castelo e Nine.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, amosou a súa satisfacción por esta primeira parada do tren CELTA na Eurocidade, tal e coma viñan reclamando tanto Tui coma Valença. Os rexedores das dúas cidades explican que a posibilidade de coller o tren en Valença cara Vigo ou Porto é un elemento máis a favor da Eurocidade neste caso no que se refire ao transporte público.

 

Tanto o alcalde de Tui coma o presidente da Cámara de Valença amosan o seu agradecemento as todas aquelas persoas que contribuíron a facer realidade este proxecto, destacando a ministra de Fomento, Ana Pastor, e ao secretario de Estado dos Transportes, Sérgio Silva Monteiro.