Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Telecentro da Rede CeMIT acolle unha cata de viños guiada por videoconferencia o xoves 10 de marzo

7/03/2011

O TELECENTRO DE TUI ACOLLE UNHA CATA DE VIÑO GUIADA POR VIDEOCONFERENCIA O VINDEIRO XOVES 10 DE MARZO

 

Luns, 7 de marzo de 2011. Con motivo da celebración da Festa do Viño de Chantada, o Telecentro de Comunicación de Tui acollerá este xoves, 10 de marzo, unha cata guiada a través de videoconferencia. Este evento, que se desenvolverá en horario de 19:00 a 21:00 horas no Telecentro chantadino, poderá ser seguido tamén do mesmo xeito dende o propio Centro Multimedia de Galicia (CMG), en Santiago, e desde outros sete Telecentros de Comunicación situados nas catro provincias galegas. A participación é libre ata completar o aforo do Telecentro que conta cunha capacidade de 40 personas.

 

Esta experiencia xa realizada no pasado ano repítese agora coa participación dos Telecentros da Rede CeMIT de O Barco, Catoira, Tui, Oroso, Carballo, Cangas, Abegondo e Chantada, que é o organizador desta cata. Está prevista a participación de ata 300 persoas simultaneamente.

 

Todos os asistentes disporán do material necesario para a cata: cuspideira, caldos, copas… Desde o Telecentro de Comunicación chantadino, Mercedes González, presidenta de “Gallaecia – Asociación Galega de Sumilleres” será a encargado de abrir o acto e dirixir unha  cata guiada, na que todos os participantes, desde os distintos TC, poderán plantexar as súas dúbidas e experiencias, valéndose das vantaxes das novas tecnoloxías.

 

A primeira edición da Feira do Viño de Chantada desenvolveuse no ano 1983 e, segundo os datos da época, achegáronse ata ela preto de dez mil visitantes. Asentouse coma unha das feiras máis importantes da provincia, ata que a finais dos anos noventa, converteuse nunha das feiras do viño máis representativas do noroeste peninsular.

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración desta cata no Telecentro tudense amosa as posibilidades das novas tecnoloxías da comunicación que posibilitan novidosos xeitos de achegarse a actividades ata agora cinguidas a ámbitos máis reducidos. Con esta nova actividade o Telecentro de Comunicación de Tui continua desenvolvendo o seu papel de favorecer o acceso dos cidadáns ás novas tecnoloxías de comunicación e información.