Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O telecentro acolle mañá venres a presentación dun novo tutorial sobre "Servizos sociais na rede"

1/10/2009

O TELECENTRO DE TUI ACOLLE MAÑÁ A PRESENTACIÓN

DO TITORIAL " SERVIZOS SOCIAIS NA REDE"

 

No marco do proxecto multimedia de formación da campaña Comunícate que a Secretaría Xeral de Medios desenvolve para dar a coñecer a Rede de Telecentros de Comunicación de Galicia (RTC), preséntase no Telecentro de Tui próximo venres, 2 de outubro de 2009 ás 12,30 horas, o cuarto da serie de doce titoriais interactivos cos que se trata de ofrecer aos usuarios da RTC o coñecemento e uso das novas tecnoloxías no ámbito da comunicación.

 

O titorial a persentar ten como título "Servizos Sociais na Rede" e pretende  servir de guía para axudar aos cidadáns a coñecer os recursos que lles ofrece Internet na obtención de información sobre as áreas que abranguen os servizos sociais, como a atención á discapacidade e á dependencia, a inclusión social ou as políticas destinadas á mocidade, así como para explicarlles como empregar a rede para realizar algúns dos trámites dispoñibles. As persoas interesadas en coñecer o funcionamento desta ferramenta informática poden achegarse e participar neste acto, aberto á asistencia pública.

 

Os titoriais, desenvolvidos en Flash, están pensados para un público con escasos coñecementos informáticos e tratan sobre distintos temas relacionados co mundo das novas tecnoloxías no ámbito da comunicación e cos distintos servizos  e oportunidades que a rede ofrece na actividade diaria: a formación on-line, as redes sociais, a protección da identidade na rede, etc...

 

A xornada poderase seguir a través de videoconferencia nos Telecentros de Comunicación da Cañiza, Oroso, Ourense, Betanzos, Tui e Lugo, onde os interesados  poderán traballar co titorial, que  queda así accesible, apartir do venres, nos distintos TC da Rede de Telecentros de Comunicación para o seu uso .

 

No acto de presentación participará Alfonso Cabaleiro, Secretaria Xeral de Medios da Xunta de Galicia e Modesto Rouco Vilal, Subdirector Xeral de Promoción da Autonomía Persoal da Dirección Xeral de Dependencia, quen realizará unha breve exposición sobre as posibilidades que ofrece á rede de Internet para acceder ao recursos dos servizos sociais. As súas intervencións poderemola seguir dende o Telecentro de Tui a través de video-conferencia.

 

O Concelleiro de Cultura Tudense, Moisés Rodríguez Pérez, convida a todos os veciños a participar nesta actividade que se realiza no Telecentro tudense ubicado no primeiro andar do edificio "Área Panorámica".