Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Tecentro acolle o lúns a presentación do "Tutorial: internet na túa vida"

10/09/2009

O TELECENTRO DE TUI ACOLLE A PRESENTACIÓN DO "TITORIAL: INTERNET NA TUA VIDA"

 

O Telecentro de Tui acolle o vindeiro lúns, 14 de setembro de 2009, a presentación do "Titorial: internet na tua vida" que terá lugar ás 12,00 horas neste Telecentro, ubicado no primeiro andar do edificio Área Panorámica de Tui.

Trátase dun programa deseñado polos responsables da Rede de Telecentros e que ten coma obxectivo fornecer aos usuarios deste Telecentro un programa de axuda para acceder aos servizos que ofrece a calquera cidadán o acceso a Internet: consulta de noticias, de correo, citá médica, mercar ou vender por internet ou sinxelamente coñecer o prognóstico do tempo. Contidos pois centrados en temas básicos e facilmente accesibles para xentes de todas as idades.

O perfil das personas que poden estar interesadas no coñecemento deste titorial son aquelas cun escaso coñecemento da rede e que están iniciándose neste mundo virtual. Calquera persona interesada pode participar neste acto, ata completar o aforo do local. No decurso da presentación haberá unha sesión de videconferencia cun profesional da materia que falará importancia de internet na vida cotiá.

Este programa forma parte das accións de caracter formativo que promove o Centro Multimedia de Galicia, dentro da campaña "Comunícate", en colaboración co Concello de Tui. Con este Titorial o Telecentro de Tui porá en marcha un horario específicio para que as personas interesadas poidan acceder ao mesmo de xeito individualizado.