Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Teatro Municipal de Tui acolle os concertos de Momboi, Manuel Maio, Caamaño & Ameixeiras e Xan Campos Trío dentro do Encontro de Musica de Galicia e Portugal, Músicas do Minho MUMI.

28/09/2022

O MUMI presenta tres días de programación con vinte concertos en directo de bandas galegas e portuguesas, faladoiros e encontros rápidos, tanto para os 200 profesionais acreditados como para o público xeral. O festival transfronteirizo abrirá novas oportunidades para as industrias musicais de ambos territorios, nun encontro que na súa terceira edición aspira á consolidación no panorama musical entre Galicia e Portugal. 

Así, o xoves 29 terán lugar os concertos de Momboi e Manuel Maio, ás 12:00 h ES e ás 15:30 h ES, respectivamente, ambos no Teatro Municipal de Tui. Xa o venres, penúltimo día do festival, será a quenda de Caamaño & Ameixeiras, que ofrecerán un concerto ás 12:00 h ES, e de Xan Campos Trío, quen subirá ao escenario do Teatro Municipal ás 15:00 h ES. 

Estes concertos están financiados polo Plan Concellos da Deputación.