O Teatro Municipal de Tui acolle este venres a estrea de “Chola a it girl” da man de Artesacía
O espectáculo protagonizado pola tudense Laura Villaverde comezará ás 21.30h
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 20 de outubro, ás 21.30h a estrea de "Chola a it girl" de Artesacía.
A tudense Laura Villaverde é a autora, directora e intérprete nunha montaxe na que Roi Fernández faise cargo da escenografía e iluminación e Lucía Martínez da música.
A obra dirixida a todos os públicos a partir dos 10 anos ten unha duración de 60 minutos.
Unha chamada inesperada da un xiro ao Show de Chola, unha blogueira e youtuber do rural galego 100% ecolóxica. Transmite un titorial para converterse nunha “ It Girl Rectificada” en dez sinxelos pasos. O espectáculo preséntase arroupado por un blog, unha canle de Youtube e incluso unha liña de moda formando parte do proxecto cultural “Chola e Lola”.
As entradas poranse á venda ao prezo de 6€ e 4,5€ en www.culturatui.info a partir do mércores, 18 de outubro, ás 00h ou no despacho de billetes o mesmo venres dende ás 20h.
Artesacía con “Chola a it girl”
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 20 de outubro, ás 21h
Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h ou o venres dende ás 20.00h no despacho de billetes
Prezos: 6€ para o público en xeral e 4,5€ con desconto