O Servizo de Prevención de Drogodependencia edita un novo exemplar da revista “Aprende a Escoital@s”
O Servicio de Prevención de drogodependencias e outras conductas aditivias, dependente da Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tui, procedeu á edición dun novo número da revista “Aprende a escoital@s” que trata temas de prevención e está dirixida ña familia, tanto ás nais/pais coma aos fillos/as.
Esta revista educativa ten un formato orixinal, que separa a revista en dúas partes: unha parte dedicada aos pais/nais, con artigos referidos á orientación e información relativa á educación dos fillos/as. Outra parte está protagonizada polos fillos/fillas, con colaboracións dos diversos centros educativos do noso municipio, pasatempos e páxinas dedicadas aos nenos/as. A revista informativa/ preventiva conta cunha tirada de 1500 exemplares.
Neste número trátanse temas coma:
- Regras para saber mandar.
- Mitos en torno a alimentación.
- Sobre o oficio de ser pais .
- Que se educa en familia.
- 31 de maio, Día mundial sen tabaco.
Dende o Servicio de Prevención, segundo informa a concelleira de servizos sociais Olga Montes Moldes, queren recordarlles os Colexios, Asociacións, pais/nais ou profesionais que queiran participar, que poden enviar os seus traballos, artigos, etc. co obxectivo de converter esta publicación nunha plataforma que recolla as inquedanzas destes sectores e as súas propostas e actividades.
A concelleira informa que todos os interesados poden consultar esta revista na páxina web do Concello (sección "Documentos" inferior esquerda na portada da web). Olga Montes convida a os veciños a coñecer o importante labor que desenvolve este departamento municipal de prevención de drogodependencias en labores de educación, información, orientación e prevención cos escolares dos diversos centros educativos do nos municipio pois algunhas das súas actividades se recollen nesta revista. Este servizo municipal está a disposición de todos os interesados na Casa do Concello, atendido por personal especializado.