Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O San Xerome fixo entrega da súa revista “Aínda temos moito que andar” ao concelleiro de Servizos Sociais de Tui

14/06/2016

Tres usuarios do Servizo de Adultos do Centro San Xerome Rosa, Borja e Miguel, xunto cunha das súas monitoras, achegáronse hoxe ata Tui para facer entrega ao concelleiro de Servizos Sociais do número 8 da revista “Aínda temos moito que andar” que edita o centro.

A revista comezou a editarse no curso 2009-2010 coincidindo co 30 Aniversario do centro. Aínda que comezou cunha periodicidade semestral, na actualidade edítase anualmente. No número 8, correspondente a este 2016, incorporouse o sistema de lectura fácil. Na mesma recóllense seccións coma as  súas  propias  historias, entrevistas,  reportaxes  fotográficos,  ou receitas de cociña.


Á revista está á venda ao prezo de 5€ na Tenda Atalaia do propio San Xerome na Guarda.