Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado nova conferencia do ciclo da Uned: "Vivir eticamente para morir digamente" por Jesus Martínez Carracedo

23/03/2011

O VINDEIRO SÁBADO 26 DE MARZO NOVA CONFERENCIA DO CICLO DA UNED: “VIVIR ÉTICAMENTE PARA MORIR DIGNAMENTE” POR JESUS MARTINEZ CARRACEDO

 

Mércores, 23 de marzo de 2011. Este sábado 26 de marzo haberá unha nova conferencia do ciclo de extensión universitaria que está a desenvolver á Aula da UNED de Tui nesta oportunidade a conferencia estará a cargo de Jesús Martínez Carracedo e titulase “Vivir éticamente para morir dignamente”.

 

"Vivir éticamente para morir dignamente" será  prantexada dende a ética integral que debe rexer o acompañamento e atención á persoa no final da vida. Partindo dunhas  preguntas iniciais a modo de glosario sobre o modelo antropolóxico  que usamos de sufrimento, persoa e morte, abordará a dimensión  física (control da dor, eutanasia, ortotanasia, distanasia,  coidados paliativos, instrucións previas, comités de ética,...), a  psicolóxica (a escoita, autonomía, información, lugar ideal), a  social (papel da familia, amigos, sociedade, profesionais) e  espiritual (interrogantes existenciais, expresión da vivencia,  peche existencial e prantexamentos de esperanza), concluíndo cun  decálogo para conseguir entre todos dar dignidade a un proceso que está sendo, en non poucos casos, indigno. Trataremos de humanizar un acontecemento vital que ultimamente se ten tecnificado en exceso e 'ocultado'. A morte debe volver ser un momento íntimo e intenso de despedida e peche de toda unha vida.

 

Jesús Martínez Carracedo é licenciado en teoloxía pastoral sanitaria, capelán do Hospital do Meixoeiro, director do Secretariado Interdiocesano de Pastoral da Saúde de Galicia, especialista en bioética e delegado episcopal de pastoral da saúde da diocese de Tui-Vigo e membro do Comité de Bioética de Galicia.

 

Esta conferencia forma parte do ciclo que a Aula da UNED de Tui organiza cada mes e que abordará nos seguintes relatorios novos temas de interese social: “A importancia dos hábitos na práctica da actividade físico-deportiva para todos” por Águeda Gutiérrez Sánchez o venres 6 de maio de 2010 e “¿Que educación para que sociedade? As TIC na sociedade do coñecemento” por Jorge Genaro Soto Carballo o 27 de maio de 2010.

 

Estas actividades teñen lugar no Salón de Actos da Aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingos, ás 19,00 horas e contan coa colaboración do Concello de Tui.

 

As persoas interesadas en recibir unha certificación da súa asistencia a este ciclo poden matricularse gratuitamente no mesmo a través da web: http://www.extensionUNED.es/publico_indice e accedendo á programación da Aula de Tui.