Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O sábado 4 de agosto celébrase a VIII Travesía a Nado da Eurocidade

27/07/2018

Terá carácter popular cun percorrido de case mil metros entre o Cais de Valença e a praia da Mariña en Tui

O sábado, 4 de agosto celebrarase a VIII Travesía a Nado da Eurocidade Tui-Valença. Unha proba que este ano terá carácter popular cunha distancia de case 1000 metros entre o Cais de Valença e a praia da Mariña en Tui.  A saída será ás 11 hora española coincidindo coa pleamar. 

A inscrición, de balde, está aberta ata o propio 4 de agosto ás 10 hora española a través da web acuaticasminho.com  Agárdase unha participación cercana ao centenar de nadadores e nadadoras, xa que ate hoxe hai xa preto de cincuenta inscritos. Todos eles serán agasallos cunha camiseta conmemorativa.  Para participar é obrigatorio o uso de gorro de natación, e está permitido o uso de aletas e neopreno. 

A organización corresponde á Eurocidade Tui-Valença xunto a Actividades Actuáticas Minho SLU, coa colaboración do club Natación Baixo Miño, os Bombeiros Voluntarios de Valença e Actividades Aquáticas Alto Minho.