Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Retrete de Dorian Gray presenta "Rúa Aire" o venres ás 20,30 horas

15/03/2011

O Retrete  de Dorian Gray presenta “Rúa Aire”

A representación será este venres, ás 20.30h, no Teatro Municipal

É a primeira peza do mundo con monicreques feitos con globos

 

 

Martes, 15 de marzo de 2011.  O Teatro Municipal de Tui acolle este venres a representación da primeira peza teatral do mundo con monicreques feitas con globos. Trátase da obra “Rúa Aire” que chegan da man de “O Retrete  de Dorian Gray” baixo a dirección de Jordi Farrés.  Marcos PTT Carballido e Ezra Moreno dan vida a estas marionetas ás que pon música Pablo Rega.

 

“Rúa Aire” é unha coprodución na que participa tamén o Centro Dramático Galego. Na mesma contase, con humor, a historia dun pesado inflable no que aparece dende unha maquina de inflar globos, unhas malvadas tesoiras, o vento, un bombín con patas ou un vertedoiro de globos abandonados.

 

O Retrete  de Dorian Gray naceu en 2005 da man de Marcos PTT Carballido e Ezra Moreno, para afondar no mundo do teatro visual, físico e de manipulación de obxectos. Esta compañía pretende levar máis aló do escenario a experiencia teatral. A súa primeira montaxe foi “Blazek” e agora con “Rúa Aire” enfróntanse ao reto de producir un espectáculo construído completamente coa técnica de manipulación de globos. Tanto Marcos PTT Carballido coma Ezra Moreno teñen unha longa traxectoria as súas costas en campos coma o clown, a maxia, o cabaré, a globoflexia, os monicreques.... No seu currículo aparecen nomes coma noticias del Guiñol, Los Lunis, Pista Catro ou Chévere.

 

As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 18.30h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 3€, e 2€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como nenos, xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

O Retrete  de Dorian Gray con “Rúa Aire”

Data:  Venres, 18 de febreiro, ás 20h

Prezo das entradas: 3€ - 2€

Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 18.30h.

Máis información en: www.culturatui.info ou en www.elretrete dedoriangray.com