O próximo martes 18 preséntase a Ultreia 2025
O próximo martes, 18 de marzo, ás 11.00 horas, no novo espazo sociocultural da rúa Camilo José Cela, terá lugar a presentación da Ultreia 2025, evento deportivo organizado pola Agrupación HQR, en colaboración co Concello de Tui, o Concello de Pontevedra, o Diario de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Este ano máis de 500 participantes sairán dende a Catedral de Tui e percorrerán o Camiño Portugués ata Pontevedra.
Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o redactor xefe de Deportes do Diario de Pontevedra e coordinador da Agrupación HQR, David Acevedo, a directora de marketing do Diario de Pontevedra, Vanesa Luaces, e Alberto García, coordinador de voluntariado da Ultreia.