Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O próximo luns celébranse as I Xornadas contra a Violencia de Xénero

21/11/2014

 

Xoves, 20 de novembro de 2014. O Concello de Tui xunto á Garda Civil e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade organizan as I Xornadas contra a Violencia de Xénero que se van celebrar o próximo luns 24 de novembro no salón de sesións da Casa do Concello de Tui. O acceso é libre ata completar o aforamento.

 

A inauguración está prevista ás 16.30h a cargo do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez. Media hora despois María Paz Pérez Asorey, xefa da Unidade contra a violencia sobre a Muller da subdelegación do goberno abordará nunha conferencia "As funcións das Unidades de Violencia de xénero".

 

Ás 17.50h o "Protocolo de actuación da Garda Civil  nos casos de violencia de xénero" será o tema a abordar por parte de Javier Quiroga Paredes, sarxento da Unidade Orgánica da Policía Xudicial. De seguida Yolanda Muíño Vilar, subinspectora da Unidade de Estranxeira e Documentación Tui-Valença falará da "Estranxeira e Violencia de Xénero".

 

O xuíz decano de Tui e titular do Xulgado nº1 con competencia exclusiva en violencia sobre a muller, Marcos Amboage López ofrecerá a ponencia "A denuncia coma último recurso na violencia de xénero".  Ás 19.40h está prevista unha mesa redonda sobre a "Intervención de mulleres e menores vítimas de violencia de xénero" na que intervirán policías locais, psicólogas, educadoras familiares e traballadora social do Concello de Tui.  Ás 20.30h haberá un coloquio entre os asistentes ás xornadas para proceder a súa clausura ás 21h por parte do subdelegado do Goberno  en Pontevedra, Antonio Coello Bufill.