Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Obradoiro de Emprego clausurado esta mañá habilitou unha senda peonil de máis de 6,5 quilómetros á beira do Miño

9/12/2024

O alumnado formouse nas especialidades de forestal e carpinteiría realizando os traballos necesarios entre Areeiros en Guillarei e O Penedo en Caldelas

Percorrer a senda fluvial entre a praia de Areeiros en Guillarei e O Penedo en Caldelas é posible grazas ao traballo realizado ao longo do último ano polo Obradoiro de Emprego que hoxe foi clausurado en Tui. 

O acto de clausura, celebrado na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez, contou coa participación do alcalde de Tui, Enrique  Cabaleiro, da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, do xefe Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Pontevedra, José Antonio Rodriguez Fachado, do delegado Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera Ocampo, e da directora do Obradoiro, María Dolores Pérez. 

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou ao alumnado polo “magnífico traballo realizado” nunha obra complexa realizada nun ámbito con múltiples afeccións.  Salientou a aposta que dende o Concello de Tui se fai pola formación e o emprego, e tamén o compromiso da Xunta que nos últimos anos destinou máis de 2 millóns de euros aos catro obradoiros de emprego e aos tres Programas Integrados de Emprego desenvolvidos no municipio, que permitiron mellorar a empregabilidade das persoas participantes nestas iniciativas.  Precisamente dirixíndose ao alumnado deste último obradoiro salientou, Enrique Cabaleiro, que seguramente o de hoxe era un día de sentimentos encontrados, xa que por unha banda tiñan a satisfacción do traballo rematado, pero por outra o remate da súa relación laboral co concello. Nese senso animounos a emprender ou buscar traballo por conta allea, en dous sectores onde se demandan profesionais no mercado laboral. 

A concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, salientou que que ao alumnado das dúas especialidades, forestal e madeira, fixo moito máis do que figura no certificado de profesionalidade que agora reciben. Afirmou a edil que “construíchedes algo importante” engandindo que queda “un legado para a veciñanza” sinalando que “temos agora unha senda que mellora a calidade de vida dos e das tudenses, pero tamén a atrae a moitas persoas visitantes”. Salientou amais a súa satisfacción polo feito de que este proxecto teña contribuído á formación de futuros profesionais.
Pola súa parte o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, destacou tamén o traballo extraordinario desenvolvido polo Obradoiro, sinalando que non só a obra realizada é importante, senón tamén a formación do alumnado. Destacou o investimento de 540 mil euros da Xunta de Galicia para a impartición deste obradoiro.

Por último a directora do Obradoiro, sinalou que  “hoxe celebramos o fin deste obradoiro marcado polo esforzo, o traballo e o compromiso de cada un de vos”. 

Dende o seu comezo en decembro de 2023 as 20 persoas participantes no Obradoiro de Emprego Senda do río Miño: Areeiros-Penedo, realizaron un total de 1.920 horas de formación nas especialidades de forestal e carpinteiría. O obxectivo foi a realización dunha senda ao longo do río Miño nun tramo de 6.535 metros. A intervención realizada permitiu mellorar a   accesibilidade, habilitando  zonas de lecer e descanso, para o que realizaron a instalación de mobiliario, sinalizacións e estruturas de paso. 

Co realización desta senda é posible ir camiñando pola beira do río Miño dende a