Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O monologuista Rober Bodegas abre a programación de outono no Teatro Municipal Presenta a súa obra “E un condón por se pillo”

28/09/2010

Será o venres ás 21.30h
O monologuista Rober Bodegas abre a programación de outono no Teatro Municipal
Presenta a súa obra “E un condón por se pillo”

Martes, 28 de setembro de 2010. Este venres comeza a programación de outono no Teatro Municipal de Tui. O monologuista Rober Bodegas presenta a comedia “E un condón por se pillo” na que lembra a chegada do seu espertar sexual. Neste monólogo fai unha reflexións sobre os traumas adolescentes e as inseguridades propias do momento.

Rober Bodegas foi gañador do concurso da TVE “El Rey de la comedia” e é guionista do programa de La Sexta “Se lo que hicisteis”.

A cita será ás 21.30h no Teatro Municipal. As entradas teñen un custo de 5€ e 3€. Pódense adquirir en venda anticipada na web www.culturatui.info, ou hora e media antes da función no despacho de billetes da Área Panorámica
 
A programación de outono que comeza este venres ofrece un total de dez espectáculos con monólogos, teatro adulto e infantil, danza e música.

Rober Bodegas con “E un condón por se pillo”

  • Lugar: Teatro Municipal de Tui
  • Data: Venres, 1 de outubro
  • Hora: 21.30h
  • Entradas: 5€ e 3€ venda en www.culturatui.info ou no despacho de billetes hora e media antes do comezo da función.