Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O mercores 22 na Biblioteca Municipal "Contos do Nadal" e intercambio de libros

21/12/2010

ACTIVIDADE DE NADAL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI: O MERCORES 22, CONTACONTOS DE NADAL E INTERCAMBIO DE LIBROS

 

Luns, 20 de decembro de 2010. A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua, ao longo desta semana, con diversas actividades de animación dentro da súa programación para estas datas do Nadal. Nesta caso as actividades están centradas no vindeiro mércores 22 de decembro.

 

Así ás 17,30 horas terá lugar unha sesión de "Contos de Nadal" a cargo da compañía "As Marías" que dirixido aos usuarios más cativos desenvolveran unha serie de contos vinculados a esta época e que tentarán levar ós nenos as ensinanzas que acompañan estas datas. A amizade, o amor e importancia das festas polo seu valor cultural, algo que vai máis alá dos agasallos e do consumismo.

 

Pero tamén ao longo desta xornada a Biblioteca Municipal de Tui acolle unha proposta de troco ou intercambio de libros que baixo a denominación de "Agasallámonos un libro?" propón que os usuarios de Biblioteca se acheguen cun libro usado, preparado para regalar, e que o depositaran nun lugar habilitado ao efecto na entrada da Biblioteca pudendo retirar, en troco, outro dos libros que aportan os demais lectores e a mesma Biblioteca. O obxectivo desta experiencia de intercambio de libros é promover o achegamento á lectura a todos os sectores sociais da nosa localidade. Nun momento en que todos procuramos agasallos, esta é unha proposta para promover os libros como un elemento de regalo e amais completamente de balde. Esta proposta de intercambio estará en funcionamento ao longo de toda a xornada. Volverá repetirse no vindeiro martes 4 de xaneiro.

 

O Concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, anima a todos os afeccionados á lectura a participar nesta experiencia de intercambio de libros que promove a Biblioteca Municipal de Tui e amosa o dinamismo deste centro bibliotecario.