Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O mercado semanal dos xoves regresa mañá con todas as medidas de seguridade

17/02/2021

O Concello de Tui informa que ante a mellora da situación epidemiolóxica en Tui e en toda Galicia en xeral, volve a celebrarse dende este próximo xoves 18 de febreiro o mercadillo semanal dos xoves, suspendido dende o pasado 27 de xaneiro. Lembramos que dende xuño decidiuse o cambio de emprazamento do mercado cara á zona de Camfran, entre a prolongación de Casal Aboy e a Avenida de Concordia, cunha superficie de case 15 mil metros cadrados.

O mercado semanal que cada xoves se celebra en Tui cumpre coas medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias e o 100% dos postos que acoden ao mesmo están regularizados. Trátase dun mercado seguro co establecemento de xel hidroalcólico nas entradas e saídas do mercado, fixando un sentido de tránsito único con percorridos separados por valos e cinta e marcando unha separación de 6 metros con respecto ao posto situado enfronte e coma mínimo metro e medio co lateral. Amais nas inmediacións habilitouse un aparcamento gratuíto para facilitar a asistencia de público.

Dende o Concello de Tui fan un chamamento a prudencia e responsabilidade da poboación, exisindo o estricto cumplimento das normas sanitarias establecidas.