Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O martes 29 celebrarase a I Xornada de Negocio “Mulleres Conectadas”

18/03/2022

“Mulleres Conectadas” é o título do primeira xornada de negocios que se vai celebrar o martes, 29 de marzo, na Aula da UNED de Tui. Está organizado polo Concello de Tui, a través da concellería de igualdade, dentro programación do Día Internacional da Muller. Trátase dun networking dirixido a mulleres empresarias, emprendedoras e directiva.

Desenvolverase na Aula da UNED en horario matinal de 9.30 h a 14 h. “Mulleres conectadas” será encontro de mulleres, un espazo para xerar oportunidades, compartir experiencias, crear redes e fortalecer o talento con un fin común, profesional, persoal  e colaborativo. Será un encontro en feminino para promocionar, coñecer e conectar.

As participantes poderán adentrarse nesta técnica profesional imprescindible para o marketing á hora de construír unha rede de contactos, xerar oportunidades laborais e de negocio e ampliar a rede empresarial. A concelleira de Igualdade, Formación e Emprego, Ana Núñez, explica que “se trata dunha gran oportunidade para que as mulleres participantes coñezan os beneficios da presentación da súa empresa, a comunicación ou o xeito de dar a coñecer o seu produto empresarial entre outros aspectos”.

Engade a concelleira que “Mulleres Conectadas é unha ferramenta comercial,  para conectar persoas e empresas con una característica común, ser muller empresaria , emprendedora ou directiva”.

A inscrición para participar nesta xornada de Networking está xa aberta. As persoas interesadas deben descargar o formulario dispoñible na web www.tui.gal, e envialo ao correo electrónico info@qonekt.com.

Esta actividade organizada pola concellería de Igualdade da man de Qonekt networking.

Inscrición Networking Mulleres Conectadas