Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O martes 17 de maio celébrase a XIV Feira do Libro, con liberias de Tui e Valença

13/05/2011

PRESENTADA A XIV EDICIÓN DA FEIRA DO LIBRO DE TUI A CELEBRAR O VINDEIRO MARTES 17 DE MAIO, DIA DAS LETRAS GALEGAS

A presenza de dúas librarías de Valença e a sinatura de libros por autores locais principais novidades desta edición

 

No Salón de Plenos da Casa do Concello tudense foi presentada esta mañá a XIV Feira do Libro  de Tui polo Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, o Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez Pérez, Maruchi Valverde, en representación das librarías participantes, e Rafael Sánchez, técnico da Biblioteca Municipal que ten asumido este ano a coordinación desta feira.

 

A inauguración está prevista para o próximo martes, 17 de maio, ás 12 do mediodía a cargo da directora do Colexio Rural Agrupado de Tui, Teresa Domínguez, en recoñecemento ao recente Premio Nacional de Bibliotecas Escolares que ten recibido, o pasado martes en Madrid, este centro educativo tudense.  Dende ese momento e ata ás dez da noite o público poderá pasar polos 20 postos de libros que se instalarán na Corredoira, nos que haberá un 10% de desconto. Nesta edición participan as librarías tudense: Iris e  Valverde e como novidade, ao abeiro da irmandade con Valença do Minho, dúas librarías valencianas: Moderna e Santa Teresinha que achegaran a súa oferta de libros en lingua portuguesa. Pero fundamentalmente haberá títulos en galego de literatura infantil, xuvenil, novela, viaxes, gastronomía, e por suposto tamén a obra de Lois Pereiro, autor a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Tamén nos postos das librarías estarán presentas as obras do escritores tudenses tanto en castelán coma en galego.

 

Trala inauguración ofrecerá un recital de poesía a Asociación de Poetas do Baixo Miño. Ás 12.30h está prevista a actuación do grupo folclórico “San Fins” de Rebordáns. Xa pola tarde, e tras o éxito da anterior edición, entre ás 16.30 e ás 19.30h haberá inchables para os máis pequenos. Ás seis da tarde actuará o grupo folclórico “Santa Columba” de Ribadelouro. E por último ás 19,30 h haberá un espectáculo de circo de rúa a cargo de Pablo Trasno.

 

Moisés Rodríguez na súa intervención salientou que esta é unha feira consolidada tanto no municipio coma no entorno e salientaba as novidades incorporadas nesta edición como é a incorporación de librarías da cidade irmá de Valença e a sinatura de libros por parte dos autores tudenses: Antonio García Rivas, Marga do Val, Kristina Sabaite, Conchi Regueiro, Ernesto Iglesias, Fernando Álvarez e Suso Vila.

 

Pola súa parte a libreira Maruchi Valverde, amosaba o seu agradecemento por esta oportunidade que lles brinda o Concello de sacar os seus artigos á rúa, e apuntaba que é unha feira que se consolida cada ano. Apuntaba tamén que nos diferentes postos haberá unha ampla variedade de libros, nos que farán un 10% de desconto.

 

Por último o Alcalde salientou que a Feira está consolidada despois de catorce anos, e animou ao público a participar xa que é fundamental para poder continuar. E agradeceu ás libreiras a súa colaboración así coma o 10% establecido na venda de libros nesta edición.

 

 

XIV FEIRA DO LIBRO

 

Martes 17 de maio de 2010

Día das Letras Galegas

 

PROGRAMA:

  • Ás 12,00 h.: Inauguración
    • Pregón por Teresa Domínguez, directora do CRA que ven de recibir o Premio Nacional de Bibliotecas Escolares
    • Recital poético pola Asociación de Amigos da Poesía do Baixo Miño
  • Ás 12,30 h.: Actuación do grupo folclórico “San Fins” de Rebordáns
  • De 16,30 h a 19,30 h.: Inchables
  • Ás 18,00 h.: Actuación do grupo folclórico “Santa Columba” de Ribadelouro
  • Ás 19,30 h.: Actuación do espectáculo de circo con Pablo Trasno

 

Sinatura de autores:

-         

17,30 h.: Antonio García Rivas

-         

18,00 h.: Marga do Val

-         

18,30 h.: Kristina Sabaite

-         

19,00 h.: Conchi Regueiro

-         

19,30h. :  Ernesto Iglesias Almeida

-         

20,00 h.:  Fernando Álvarez

-         

20,30 h.: Suso Vila

 

Participan:

o      

Librarías Iris e Valverde de Tui

o      

Librarías Moderna e Santa Teresinha de Valença do Minho

Organiza: Concellería de Cultura – Concello de Tui