Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O martes 11 de xullo ás 11h presentación do V IKFEM

10/07/2017

Mañá martes, 11 de xullo, ás 11h no Parador de Turismo San Telmo de Tui terá lugar a presentación do V IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença, que se vai celebrar do 21 ao 25 de xullo.

A presentación correrá a cargo da directora do festival, Andrea González, xunto ao alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, o deputado de Cultura, Xosé Leal, e Xosé Lago, director da GNP – AECT.