Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns terá lugar a presentación oficial da programación do Festival Arraianos

26/08/2016

Este luns, 29 de agosto, ás 12h no salón de plenos da Casa do Concello de Tui será presentada a programación do I Festival Arraianos que se celebrará en Tui entre o 2 e o 4 de setembro.

Comparecerán ante os medios de comunicación Andrea Costa, responsable do festival, María José González, concelleira de Cultura e Miguel Capón, concelleiro de Eurocidade, Relacións Supramunicipais e Comercio.

O Festival Arraianos xorde como un proxecto de fin de máster que a artista tudense, Andrea Costa, realizou na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que, grazas a un traballo e iniciativa constante por parte da nova artista, o apoio do concello de Tui e a participación de comercios e cidadáns tudenses, converteuse nunha realidade que chegará ás rúas da cidade pontevedresa a primeira semana de setembro.