Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns reúnese a Xunta Local de Seguridade

9/06/2018

A Xunta de Goberno Local aprobará as bases das axudas do Fondo de Emerxencia. Pola tarde será despedido o matrimonio falecido a causa da explosión de Paramos

O próximo luns, 11 de xuño, ás 10h da mañá reunirase de xeito extraordinaria a Xunta Local de Seguridade presidida polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e a subdelegada de goberno en funcións, Ana Ortiz, e coa presenza das distintas forzas de seguridade. O tema a tratar será a catástrofe de Paramos dende o punto de vista da seguridade.  

Previamente ás 9.30h reunirase a Xunta de Goberno Local para aprobar as bases das axudas establecidas con cargo ao Fondo de Emerxencia.

Despedida a Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel

Está tamén previsto o luns as 16.30h, no Parque do Souto en Guillarei un acto de despedida ao matrimonio Abdelkhalek el Bouabi Hailas e Ezzoura Bouadel, falecidos o pasado 23 de maio a consecuencia da explosión de material pirotécnico no barrio da Torre en Paramos.  

Cambio de horario no Centro de Afectados

O Centro de Afectados, situado no Centro Municipal de Formación en Guillarei, abrirá de luns a venres de 9 a 14h e os martes e xoves de 16 a 20h. Este novo horario aplicarase dende o luns 11.