O luns preséntase a V Eurocidade 10 que se celebrará o domingo 12 de xuño
3/06/2016
O próximo luns, 6 de xuño, ás 11.00 horas españolas, na sala de reunións da Casa do Concello de Tui terá lugar a presentación da proba deportiva V Eurocidade 10. Celebrarase o domingo 12 de xuño organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia e a Eurocidade Tui-Valença.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, así como o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafael Pérez.