Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns preséntase a programación cultural de outono no Teatro Municipal

29/09/2017

O próximo luns, 2 de outubro, ás 11.30h no Teatro Municipal de Tui terá lugar a presentación da programación cultural a desenvolver no outono no Teatro Municipal de Tui.

A presentación correrá a cargo de Enrique Cabaleiro, alcalde; Mª José González, concelleira de Ensino; Jacobo Sutil, director da AGADIC, Axencia Galega das Industrias Culturais; Emi Candal, membro de Urdime, distribuidora da compañía Trompicallo; Melania Cruz, actriz de IlMaquinario; Laura Villaverde, produtora e actriz de ArtesaCía; Manuel Sío, integrante de María Fumaça; e Rubén López, director do Conservatorio de Música Profesional de Grao Medio e Escola de Música Municipal de Tui e director artístico da Orquestra Sinfónica de Tui.