Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns preséntase a 2ª San Silvestre Solidaria Tudense

15/12/2023

O próximo luns, 18 de decembro, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da 2ª San Silvestre Solidaria Tudense, organizada polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui, coa colaboración da Policía Local, Protección Civil de Tui e a Radio Municipal de Tui, en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro. A San  Silvestre celebrarase o domingo 31 de decembro, a partir das 10.30 horas, dende o Paseo da Corredoira de Tui.

Á presentación asistirán o alcalde do Concello de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o concelleiro de Servizos Sociais, Ismael Diz, a presidenta do Club Atletismo  Tui, Cristina Piñeiro, a delegada no Baixo Miño da Asociación Española Contra o Cancro, Pilar Barbosa, acompañados por outros concelleiros e concelleiras de Tui, así como polos xerentes das empresas colaboradoras no evento.

Inscrición