Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns non se poderá estacionar na Corredoira por obras

4/12/2015

O Concello de Tui informa que o próximo luns, 7 de xaneiro, non se poderá estacionar no Paseo da Corredoira debido á realización de obras para arranxar o firme. A zona de aparcamento habilitarase provisionalmente para a circulación de vehículos mentres duren os traballos de reposición das lousas deterioradas.  Estes cambios na circulación manteranse ata o próximo mércores.  O Concello tamén informa que este domingo, dende ás 8h, a Corredoira permanecerá pechada ao tráfico, ampliando así a zona de lecer neste céntrico paseo coma se fixo durante a época estival.

Por outra banda dende mañá sábado ás 8h non se poderá estacionar nin circular pola rúa Ordóñez debido á montaxe dos postos para o Mercado de Nadal que se celebra o domingo.