Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns non haberá clase no CEIP de Pazos debido a un incendio rexistrado hoxe no centro

23/04/2016


O luns non haberá clase no CEIP de Pazos de Reis debido a un incendio rexistrado a última hora desta tarde no centro.  O foco do lume estivo nun deshumidificador acendido nunha das aulas da planta baixa do colexio. Ata o lugar achegáronse os bombeiros do Porriño-Baixo Miño, a Policía Local de Tui, persoal municipal así coma o director do CEIP.


Tras extinguir o lume, no que arderon materiais plásticos do deshumidificar e cables eléctricos que desprenden gran cantidade de po altamente tóxico, os bombeiros desaconsellaron a apertura do centro o luns mentres non sexa convenientemente ventilado. Amais será preciso proceder a limpeza das aulas afectadas polo fume. Por tanto non haberá clase o luns en ningún curso no CEIP de Pazos de Reis.