Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns inaugúrase unha exposición de Ángel Torres

4/03/2016


Será ás 19h na Sala Municipal na Área Panorámica. Poderá visitarse ata o 4 de abril


 


O próximo luns, 7 de marzo, ás 19h, terá lugar a inauguración da exposición  de Ángel Torres na zona anexa á Sala de Exposicións Municipal na Área Panorámica.


O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura, María José González, e do propio pintor.


Nesta mostra Ángel Torres achega unha colección de obras realistas en mediano e gran formato de óleo sobre lenzo. Segundo o pintor na súa obra exprésase sobre os sentimentos humanos, a súa expresión, a súa sensibilidade… sinalando que a soidade predomina nas súas obras.


Ángel Torres ten exposto con anterioridade en Tui, así coma en Pontevedra, Arzúa, A Coruña, Salceda, ou Madrid.


A exposición poderá visitarse ata o 4 de abril en horario de luns a venres de 9 a 14h e de 16.30h a 20.30h.