Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O lúns inaugurase a exposición "Norte de Portugal. Visoes contemporáneas"

27/02/2009

O VINDEIRO LUNS INAUGÚRASE A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍIA "NORTE DE PORTUGAL: VISOES CONTEMPORÁNEAS"

 

Asistirán ao acto o Presidente e a Vicepresidenta da Comisâo de Coordenaçâo e Desenvolvemento Regional do Norte de Portugal xunto ao Alcalde de Tui

 

Venres, 27 de febreiro de 2009. O vindeiro luns, 2 de marzo, ás 20,00 horas terá lugar na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui o acto de inauguración da exposición "Norte de Portugal: visoes contemporáneas" organizada pola Comisao de Coordenaçao e Desenvolvemento Regional do Norte (CCDRN) coa colaboración do Concello de Tui.

 

Neste acto de inauguración estará presente o Presidente da Comisao de Coordenaçao e Desenvolvemento Regional do Norte, o Dr. Carlos Cardoso Lage, xunto á Vicepresidenta deste organismo rexional, Dra. Ana Teresa Lehmann, xunto ao Alcalde de Tui, D. Antonio F. Fernández Rocha.

 

A presenza desta exposición na cidade é un importante acontecemento, tanto polo nivel das autoridades portuguesas que asistirán a este acto, como polo feito de que tras Santiago de Compostela esta exposición amosase en Tui na súa itinerancia internacional. Deste xeito queda en evidencia o importante papel que a nosa cidade xoga como elemento de unión e comunicación entre ambas ribeiras do Miño, entre o Norte de Portugal e Galicia.

 

Para salientar a transcendencia e as potencialidades da cooperación entre as xentes de Galicia e o Norte de Portugal no decurso deste acto de inauguración realizaran senllas intervencións duas prestixiosas personalidades da cultura. Por unha banda, o arquitecto e urbanista Nuno Portas, un dos máis importantes arquitectos de Portugal recoñecido con numerosos premios internacionais; participará tamén o director do Museo de Pontevedra, Xosé Carlos Valle Pérez, un dos principais historiadores da arte de Galicia e que ten realizados numerosas actividades de investigación e divulgación con institucións de Portugal.

 

A exposición está integrada por un conxunto de fotografías en grande formato de prestixiosos fotógrafos internacionais:

-          Oded Shimshom

-          Anibal Lemos

-          Jamey Stillings

-          Júlio de Matos

 

Composta por 48 obras que abarcan desde paisaxes a valores humanos, patrimoniais, económicos, naturais e urbanos, presentando imaxes e intuicións novas e cosmopolitas, particulares e simbolicamente universais.

 

O traxecto que se suscita con esta exposición serve de motivo para profundizar no coñecemento mutuo entre Galicia e o Norte de Portugal, terras veciñas cunha memoria, unha lingua e un futuro en común.

 

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, a celebración desta exposición é un importante acontecemento cultural para a nosa cidade pois amais de poder contar cunha mostra na que participan recoñecidos fotógrafos de prestixio internacional supón consolidar á cidade de Tui como un elemento referencial nas relacións entre Galicia e o Norte de Portugal, consolidando a vocación de "ponte" da nosa localidade. Este Concello de Tui agradece moi especialmente ao Presidente da Comisiao de Coordenaçao e Desenvolvimento do Norte de Portugal, o Dr. Carlos Lage, o seu interese en que esta exposición puidese ser contemplada na nosa cidade e, especialmente, a súa participación no acto inaugural dándolle unha singular relevancia ao mesmo.

 

 

Anexo: Nota sobre os participantes no acto:

 

Nuno Portas

Licenciado em Arquitectura pela Escola Superior de Belas-Artes do Porto, em 1960, tem nas parcerias com outros arquitectos uma parte importante da sua obra arquitectónica.

Em 1974, enquanto secretário de Estado da Habitação e Urbanismo, participou na elaboração do programa SAAL (Serviço Ambulatório de Apoio Local), focalizando o seu trabalho, a partir de então, nas áreas de planeamento urbano, campo onde se assumiu como um dos mais importantes teóricos a nível nacional e internacional. Da sua obra merece particular relevo o Campus da Universidade de Aveiro. Em 1990 integrou o executivo municipal de Vila Nova de Gaia, como vereador do urbanismo.

 

Na sua actividade destaca-se o conjunto teórico desenvolvido na revista Arquitectura, bem como a divulgação da arquitectura portuguesa no estrangeiro, demonstrado através da sua obra publicada, que incluí títulos como Architectures à Porto (1990) e Portogallo, Archittectura, Gli ultimi vent'anni, com Manuel Mendes (1991).

 

Em 2005 foi galardoado com o prémio Sir Patrick Abercrombie de Urbanismo da União Internacional de Arquitectos e distinguido com a Grã-Cruz da Ordem do Infante D. Henrique. Nuno Portas tem participado em numerosos colóquios, seminários e conferências em Portugal e no estrangeiro, nomeadamente no Brasil, país com que mantém estreitas afinidades.

 

Nuno Portas leccionou largos anos (desde 1983) na Faculdade de Arquitectura da Universidade do Porto, de onde é professor jubilado.

 

Xosé Carlos Valle Pérez.

Doutor en Historia da Arte e Director do Museo de Pontevedra. Amáiz é responsable da "Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia" (Fundación Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa), Director da Casa-Museo de Rosalía de Castro (Padrón), Membro do Padroado do Museo do Pobo Galego, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e Museo Arqueolóxico Nacional.


-Presidente da Confederación Española de Centros de Estudios Locais (CECEL-CSIC); Membro de Número da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Sra. do Rosario, Correspondente das Reais Academias da Historia, Belas Artes de S. Fernando e Nacional de Belas Artes de Portugal.

-Comisario, entre outras, das exposicións:

-"Santiago de Compostela: 1000 anos de Peregrinación Europea" (Encadrada no marco de Europalia-85 e celebrada en Gante-Bélxica);

-"O Pórtico da Gloria e o seu tempo" (Santiago, 1988);

-"Galicia no Tempo" (Santiago, 1991);

-"Imaxes da Arte en Galicia" (Lisboa, 1991);

-"Bienal de Arte de Pontevedra" (en numerosas edicións e ata actualidade)

-"O Camiño de Santiago desde o aire" (A Coruña, 1993)

-"Do Tardogótico ó Manierismo: As relacións artísticas entre Galicia e Portugal" , (A Coruña, 1995).

-"Arturo Souto", (A Coruña, 1997).

-"Arte de Císter en Portugal e Galicia" (Lisboa, 1998 - A Coruña, 1999).
Ademais é autor de numerosas publicacións sobre temas da súa especialidade e membro de numerosos organismos de investigación histórica de Galicia, España e Europa.