O luns comezan os tres Campamentos de Verán organizados polo Concello de Tui
Un total de 800 participantes asistirán o longo de todo o verán a estas actividades
O próximo luns, 1 de xullo, comezarán os tres campamentos de verán organizados polo Concello de Tui. Será o campamento Igual É +, o campamento tecnolóxico e o campamento de aventuras. Ao longo dos meses de xullo e agosto, nas distintas quendas establecidas, asistirán a estas actividades 800 nenos e nenas.
No Campamento de Verán Igual É + Tui 2024, que como en edicións anteriores organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Deportes, participarán en total 560 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
Os e as 140 participantes na primeira quenda, que se desenvolverá do luns 1 ao luns 15 de xullo, deberán estar o luns entre as 7.45 e ás 9 h no Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez. A recollida será no mesmo lugar entre ás 14 e as 15.15 h.
Os nenos e nenas terán que acudir con roupa cómoda e deberán levar unha mochila identificada co seu nome, con merenda e unha botella de auga, así como protector solar e unha gorra.
Ese primeiro día de actividade, os participantes recibirán unha folla informativa coa programación desa primeira quenda e as actividades que se realizarán ao longo das dúas semanas.
O Concello de Tui organiza tamén un Campamento Tecnolóxico e outro de Aventuras, neste caso a través da concellería de Igualdade.
Así serán 120 nenos e nenas, de entre 7 e 12 anos, os que participarán no mes de xullo no Campamento Tecnolóxico nas catro quendas establecidas. A primeira quenda será do luns 1 ao venres 5 de xullo. A trintena de cativos e cativas participantes nesta primeira semana deberán estar o luns ás 9 h no edificio Francisco Sánchez, con entrada pola parte posterior do edificio no mes acceso que á Radio Municipal de Tui a carón da Sala Félix Rodríguez. A recollida será ás 13 h no mesmo lugar. Deberán levar merenda e auga.
Tamén serán 120 os nenos e nenas que no mes de xullo e agosto asistirán ao Campamento de Aventuras. Os 30 participantes da primeira quenda, que será do 1 ao 12 de xullo deberán estar o luns ás 9 h na aula da UNED, ou ás 8 h no caso de que teñan solicitado Aula Matinal. A recollida será no mesmo punto ás 14 h.
Deberán levar merenda e bebida, gorra, roupa cómoda lixeira e fresca, e unha roupa de cambio por se fóra preciso.
Así os 800 nenos e nenas que participarán nestes tres campamento vivirán un verán cheo de aventuras, deporte, xogos, experiencias,… ao tempo que se brinda ás familias a posibilidade de conciliación durante as vacacións escolares de verán.
A realización destes tres campamentos de verán e posible grazas ao financiamento do Plan Corresponsables dependente da Secretaría de Estado de Igualdad y contra la Violencia de Género do Ministerio de Igualdad e xestionado pola Xunta de Galicia.