Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O luns comezan as obras de acondicionamento da contorna do Mercado de San Antonio

1/11/2024

O investimento supera os 750 mil euros.  O prazo de execución é de dous meses e medio meses

O próximo luns, 4 de novembro, comezarán as obras  de reforma da contorna do Mercado de San Antonio en Tui. A zona na que se actuará será a comprendida entre a rúa O Pilar e a rúa Maristas. O obxectivo é lograr a integración da praza de abastos e o seu entorno coa renovación das rúas adxacentes con novo mobiliario, sinalización e iluminación. 

As obras, adxudicadas á empresa Xestión Ambiental de Contratas SL, suporán un investimento de 754.292,1€ financiado con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O prazo de execución é de dous meses  medio.

O obxectivo do proxecto a executar é a humanización e ordenación da contorna da praza de abastos, dende o aparcamento traseiro, a mellora da dársena de carga e descarga, e o acondicionamento do punto de recollida de residuos.

Contémplase  a instalacións dunha estación para a recarga de vehículos eléctricos, así coma a instalación de alumeado exterior do entorno da praza e o soterramento do cableado. 

Amais no exterior do mercado, na praza cuberta, instalarase un graderío que poderá acoller distintos actos. Tamén serán colocadas as taquillas refrixerantes. 

Deste xeito con estes traballos procederase a humanizar  e ordenar o aparcamento traseiro do Mercado de San Antonio, mellorar a dársena de carga/descarga, acondicionar o punto de recollida de residuos e incorporar arborado 

Debido á execución das obras a medida que avancen os traballos haberá restricións e cambios no tráfico puntuais así coma nos accesos para carga e descarga que estarán debidamente sinalizados.